Día da Galiza Mártir

A Pobra do Caramiñal rende tributo a Bóveda e "a quen loitou pola democracia" neste Día da Galiza Mártir

O acto consistiu nunha ofrenda floral que tivo lugar na escultura da memoria localizada nos Xardíns de Valle-Inclán da localidade.
Ofrenda floral polo Día da Galiza Mártir na Pobra do Caramiñal esta quinta feira (Foto: Concello da Pobra do Caramiñal).
photo_camera Ofrenda floral polo Día da Galiza Mártir na Pobra do Caramiñal esta quinta feira (Foto: Concello da Pobra do Caramiñal).

O concello da Pobra do Caramiñal foi escenario esta quinta feira dun acto conmemorativo polo Día da Galiza Mártir.

O acto consistiu nunha ofrenda floral que tivo lugar na escultura da memoria localizada nos Xardíns de Valle-Inclán da localidade.

A concelleira da Memoria Histórica, Patricia Lojo, indicou que esta data “busca homenaxear as vítimas da ditadura franquista e renderlle un tributo a quen loitou e defendeu os principios da democracia”.

Pola súa parte, o alcalde da Pobra, José Carlos Vidal indicou que "nas institucións públicas debemos honrar todas as persoas mártires na historia do pobo galego. Por iso manter vivo o legado de Alexandre Bóveda é para o noso Concello unha obriga",

Para alén da Pobra do Caramiñal, varias localidades máis organizan actos similares como por exemplo en Poio, Pontevedra ou Santiago de Compostela.

A data

Cada 17 de agosto, Galiza conmemora o Día da Galiza Mártir, data en que en 1936 o o nacionalista Alexandre Bóveda era asasinado polos franquistas na Caeira (Poio).

A data, que homenaxea o líder do Partido Galeguista, e todas as persoas que sufriron a represión franquista segue, porén, sen ser oficial.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios