O xenocidio do 36 na Galiza

A memoria represaliada

Con motivo do 80 aniversario do golpe, Sermos Galiza publicará un ensaio que será presentado o 25 de xullo no marco do Festigal. Adiantamos o seu contido.

memoria

Sementar o terror e decapitar o futuro político do país. Eis os dous obxectivos principais dos golpistas en Galiza que, malia a crueldade coa que impuxeron o levantamento, atoparon resistencia nas forzas democráticas e na sociedade civil.

Sermos publicará nos próximos días o libro "Mortos por amor á Terra", de Xosé Ramón Ermida

“En Galiza non houbo guerra, houbo un xenocidio”, é algo que se repite de maneira unánime entre persoas expertas. O golpe fascista de 1936 deixou un regueiro de terror, de vil e cruenta represión. Unha ferida que aínda segue aberta pola desmemoria, cando se fan 80 anos do levantamento. Máis de 4.500 mortes documentadas, máis de 28.000 vítimas, centos de vidas truncadas por execucións paralegais e xuízos militares, de “paseos” e cadáveres nas cunetas, de encarceramentos masivos, campos de concentración e desterros, de violacións e acoso, de incautacións e depuracións, de imposición ideolóxica e longos silencios.

“O proceso foi perfectamente planificado, incluso previo ao que son as propias xornadas nas que se desenvolve o golpe. A lóxica represiva situábase en dúas esferas. Por unha banda, instaurar o terror, e por outra, decapitar os cadros dirixentes das diferentes organizacións políticas e sociais”, explica en declaracións a Sermos Galiza Xosé Ramón Ermida Meilán, que durante dúas décadas vén recollendo as historias das vítimas da represión fascista na Galiza. Precisamente, Sermos Galiza vai publicar nas próximas semanas o libro, que se titula Mortos por amor á Terra.

Podes ler a reportaxe completa no nº204 do semanario. Á venda xa na nosa loxa e tamén nos puntos habituais. 

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios