domingo 12.07.2020

O Barqueiro acolle a VIII edición das xornadas ‘Memorias dun tempo’

Organizadas pola asociación Nordés, detéñense en temas como as políticas impulsadas polo franquismo no rural galego. O programa inclúe unha homenaxe aos republicanos represaliados. 

O Barqueiro acolle a VIII edición das xornadas ‘Memorias dun tempo’

O Barqueiro acolle desde esta quinta feira e até o sábado a oita edición das xonadas ‘Memoria dun tempo’, nas que se analiza e debate sobre diferentes cuestión da historia recenté e que “foron silenciados por unha historia única creada por un poder concreto, o franquismo”, segundo explican desde a organización, Nordés

Esta quinta feira, 23 de agosto, ás 20:00 horas, procederase á proxección. do documental Asolagados (2013) do director David Vázquez e con guión do escritor e xornalista Afonso Eiré, e que recolle os relatos daquelas persoas que viviron a construción do encoro de Belesar e sufriron as consecuencias da subida das augas. O director estará presente na proxección para un coloqui coas persoas asistentes.

Políticas para a modernización do rural galego durante o franquismo é o coloquio da sexta feira, 24 de agosto. A  historiadora Alba Díaz Geada (USC) pretende reflexionar co público sobre a mudanza complexa que viviu a sociedade rural galega durante a dictadura. Trataranse distintas políticas agrarias desenvolvidas, como a reforestación forzada do comunal, accións de concentración parcelaria, o fomento da especialización leiteira ou a labor do Servicio de Extensión Agraria “e como foron implementadas sobre o terreo, dando paso á individualización nun mundo en común”.

O sábado 25  será a VI Homenaxe a republicanos e libertarios, na Ponte Vella do Barqueiro, ás 12:00 horas

comentarios