Organizado polo Insituto de Estudos Agrarios Mártires de Sobredo e mais pola fundación Galiza Sempre, o acto contará coa presenza do coautor Carlos Babío, coa escritora e membro do Instituto de Estudos Agrarios Marga do Val e con Manuel Vázquez de la Cruz, da asociación cultural Levada Libre. Será ás oito do serán na sala Xacobeo do edificio Área Panorámica da vila do Baixo Miño.
Meirás contén a máis minuciosa investigación sobre como o dictador Franco usurpou o pazo de Meirás -tratado como propiedade de Estado ate a súa morte en 1975- e o converteu, expuña Manuel Pérez nunha entrevista, “en centro de poder. Meirás era un lugar ao que acudir se se quería conseguir algo do Estado”.