martes 26.05.2020

A Coruña reivindica a memoria das mulleres

Redeiras, lavandeiras, mestras, cigarreiras, artistas, xogadoras de fútbol ou de hóckey, enfermeiras, científicas... as historias das mulleres, "tradicionalmente excluídas do relato histórico e da memoria oficial" son agora visibilizadas nun novo fondo documental, gráfico e audiovisual en liña sobre a memoria feminina.
O obxectivo da plataforma da ACAB é reunir material "útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina" (Foto: Concello da Coruña)
O obxectivo da plataforma da ACAB é reunir material "útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina" (Foto: Concello da Coruña)

 A Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) lanza a páxina web acorunhadasmulleres.gal co obxectivo de "volver os ollos cara a esas historias protagonizadas por mulleres que foron esquecidas, relegadas e marxinadas", para o cal desenvolveron "un fondo documental, gráfico e audiovisual que sexa útil para a información, a consulta e a investigación sobre a memoria feminina da cidade da Coruña".

A web da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda compila na actualidade un total de 52 rexistros, distribuídos nas categorías de colectivos, pioneiras, represaliadas e traballadoras.

Non obstante, é previsíbel que en vindeiras datas teña lugar unha reestruturación desas categorías. "O noso modelo a seguir sempre foi Do gris ao violeta, a web do Concello de Pontevedra, que foi onde nos inspiramos, mais temos xa documentadas moitas mulleres que non encaixan exactamente en ningunha delas", engade María Xosé Bravo, presidenta da ACAB..

A información íntegra pode consultala na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube. 

comentarios