Calendario patriótico

Chegadas estas datas do ano os almanaques agrícolas saían, e aínda saen, das imprentas. De periodicidade anual e completa información sobre eclipses, fases lunares e marés, prognósticos meteorolóxicos e previsións para todo o ano, santoral e os períodos máis axeitados para as diferentes tarefas agrícolas, refráns, adiviñas, contos, as datas das feiras e consellos para todo tipo de tarefas, estes obxectos comunicacionais foron moi populares desde o século XIX.

gaiteiro
photo_camera Un fragmento da capa de 'O Gaiteiro de Lugo'

Cabeceiras como El Zaragozano, editado por primeira vez en 1840 polo astrólogo español Mariano Castelo e Ocsiero e editado de forma ininterrompida, fóra dos anos da guerra civil, até hoxe, conserva exactamente o mesmo deseño tanto de portada como de contidos.

O nome Zaragozano non é porque o seu autor, Mariano Castelo e Ocsiero fose de Zaragoza, senón en homenaxe ao astrónomo español Victoriano Zaragozano e Graza Zapater, nacido en Albortón no século XVI, que foi moi popular na súa época e elaborou almanaques en competencia cun científico español que destacou polos seus estudos en astroloxía, matemáticas e historia natural chamado Xerónimo Cortés.

SeringadorEn Portugal O Seringador editado desde 1865 e con información centrada no territorio ao norte do Mondego, ten moi ampla difusión, superando os 300.000 exemplares vendidos cada ano.

Sonia Regina Soares da Cunha e Maria Isabel Amphilo, nun traballo titulado Almanaques de Cordel: um estudo sobre o Seringador e o Borda d’Água (o calendario editado desde 1929) e que ten como obxectivo revisar “a história do almanaque, cuja narrativa mescla saber científico e saber popular, artefato da cultura com os pés na tradicionalidade do homem do campo e a cabeça na contemporaneidade do homem da cidade” indican que “os sujeitos ‘seringador’ e ‘borda d’água’ estão presentes nas ações e manifestações culturais das classes populares portuguesas, pois representam uma antiga personagem que imprimia calendários ('Lunários') com informações sobre o tempo/pesca/agricultura/astrologia e pendurava as folhinhas impressas nas margens dos rios navegáveis, com o objetivo de ajudar o trabalho dos pescadores e agricultores”

Estamos pois perante obxectos comunicacionais criados para transmitir cousas simples e úteis que, en palabras do xornalista e pesquisador brasileiro Luiz Beltrão, autor da teoría da Folkcomunicación, “visan ao bem-estar do homem, para preveni-lo contra adversidades, anunciar-lhe bons tempos para o plantio, para a colheita, para os empreendimentos, contar-lhe os segredos dos astros, os mistérios contidos nos velhos alfarrábios, as lendas e os fatos do passado, as ocorrências do presente, alguma coisa segura sobre o futuro à base da marcha da ciência”

Screen Shot 2018-11-02 at 12.02.43Na Galiza houbo varios calendarios deste tipo mais de todos eles foi O Gaiteiro de Lugo o de maior aceptación. Publicado por vez primeira en 1857 sob o nome de Calendario de Galicia e máis adiante como Calendario Gallego, en 1927 adoptou a citada cabeceira motivada polo gaiteiro (dous en anos bisestos) que adornaba a contraportada da publicación xa desde 1862.

Inicialmente en castelán, incorporou aos poucos o galego, sendo nos peores anos do franquismo a única publicación monolingüe en galego.

A pesar de na capa, ou se cadra por iso mesmo, levar a palabra “patriótico” ao lado de relixioso, profético, astronómico, recreativo, popular e barato.

Máis en MEMORIA E HISTORIA
Comentarios