domingo 25/07/21

A loita antifascista do 'Gardarríos' na guerrilla: 73 anos do seu asasinato

O 25 de xuño de 1948 foron asasinados en Vilanova de Lourenzá Antonia Díaz e Luís Trigo Chao por un operativo da brigadilla dirixido polo policía Sebastián Fernández Rivas. Luís Trigo O Gardarríos, mito da loita armada contra a ditadura na Terra Cha, na Corda e na Mariña, representou a resistencia máis continuada contra o franquismo no norte galego, así como a etapa máis creativa, intensa e fecunda do actuar guerrilleiro. Con motivo do 73 aniversario da súa morte, achéganse novos prismas que completan e aquilatan a súa figura.
Luís Trigo, primeiro pola esquerda, presidindo un enterro laico en Mondoñedo en abril de 1936. (Foto: Arquivo Xosé Polo) #luístrigo #mondoñedo #gardarríos #antifascista #antoniadíaz #asasinato #guerrilla #memoria
Luís Trigo, primeiro pola esquerda, presidindo un enterro laico en Mondoñedo en abril de 1936. (Foto: Arquivo Xosé Polo)
A recuperación da figura de Luís Trigo Chao require dunha revisión lonxe dos estereotipos elaborados desde o réxime franquista ou do 78, desbotando as versións interesadas que o sitúan como un fuxido solitario, carente de orientación…

Debes estar rexistrado para ler este contido

Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.

Rexistrarse
comentarios