A asociación Hablamos Español presentou alegacións contra a nova ordenanza que regulará o uso do galego no Concello da Coruña e que foi aprobada en pleno o pasado mes de febreiro.
Nun comunicado, cualifica esta ordenanza de "nacionalismo infame" e argumenta tamén que contén "artigos ilegais". "As ordenanzas de uso do galego dos concellos de Galiza discriminan as persoas que prefiren usar e ser atendidas en español", manifestan.
Da ordenanz da Coruña, asegura que só puideron alegar contra algúns aspectos da mesma por ser a maior parte do seu contido "legal", recoñece a asociación que, porén, cuéstionao.
Sobre as súas emendas, explican que se focalizan "naqueles aspectos da normativa que exceden mesmo a lexislación que en materia lingüística está en vigor".