Palabras con memoria: xente nova

Nova edición das 'Palabras con memoria' de Ramiro Torres.

Os necementos na Galiza seguen a caer (Foto: Nós Diario)
photo_camera Os bebés andan de gateñas antes de camiñar. (Foto: Nós Diario)

ai, galán/a!.- Ai, meu/miña neno/a!
Lugar de escoita.- O Courel.
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

currulo/a.- Emprégase para falar cos/as nenos/as con cariño e é doado que se empregue con diminutivo.
Exemplo.- "Vén aquí, curruliño!". "Que curruliño me é!"
Lugar de escoita.- San Roque (Vigo).
Fonte.- Begoña Caldas Rodríguez.

escouciñar.- Estirar e encoller as pernas repetidamente, mesmo na cama. Os nenos adoitan facelo se teñen calor.
Lugar de escoita.- Gondaísque (Terra Chá).
Fonte.- Antonio Eimil.

fanar.- (Significado engadido aos xa coñecidos). Latar.
Lugar de escoita.- Ferrolterra.
Fonte.- Xosé Luís Martínez Pereiro.

gateñas (andar de).- O que fai a/o nena/o pequena/o antes de comezar a andar de pé.
Lugar de escoita.- Cerceda.
Fonte.- Ramón e Leonor Boix Gende/CPI O Cruce de Cerceda.

Comentarios