A Mesa reúnese co conselleiro de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya
Unha delegación da Mesa pola Normalización Lingüística, encabezada polo seu presidente, Marcos Maceira, mantivo esta sexta feira unha reunión co conselleiro de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya, Francesc Xavier Vila.
Entre outros temas, Maceira interesouse por coñecer de primeira man o Pacte Nacional per la Llengua ademais de compartir tamén as iniciativas que impulsa na Galiza desde a sociedade civil.
O encontro produciuse coincidindo coa participación da Mesa na Asemblea Xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN, en inglés), onde a entidade galega participa xunta a outras oitenta delegacións de organizacións que defenden a diversidade lingüística e os dereitos das e dos falantes.
O evento, que continuará este sábado, decorre nas instalacións do Born e esta organizado polo Centro Internacional Escarré para as minorías étnicas e as nacións (CIEMEN), un órgano de referencia para as nacións e pobos sen estado.
