A violencia unionista en Catalunya: 86 agresións físicas en menos de 3 meses

No mínimo 101 persoas resultaron con feridas de diversa consideración por agresións de motivación ‘españolista’ ou ‘unionista’.

ultras españolistas unionistas

A agresión esta cuarta feira en Barcelona a un cámara de Telemadrid nunha concentración de Ciudadanos – ao que as persoas concentradas confudiron cun profesional de TV3- non é un fenómeno isolado en Catalunya. É un incidente máis a unir a unha listaxe cada vez máis ampla de incidentes violentos protagonizados pro persoas do campo do ‘unionismo’ ou ‘españolismo’.

O pasado mes de xullo, o fotoxornalista Jordi Borrás foi agredido en Barcelona por un policía nacional de paisano ao berro de “Viva España” e “Viva Franco”. Borrás resultou con fractura de nariz e o CNP abriu expediente ao seu axente. Precisamente este fotoxornalista, cunha dilatada experiencia en investigar os círculos da extrema dereita en Catalunya, documentou nun traballo en Media.cat (Observatorio crítico dos medios) os incidentes violentos protagonizados por anti-independentistas entre principios de setembro e mediados de decembro de 2017.

“Actos vandálicos, insultos, ameazas e malleiras son só algún dos ataques con motivación política que decorreron a finais de 2017”, indícase na reportaxe.

Así, entre 8 de setembro e 12 de decembro van ter lugar en Catalunya no mínimo 139 incidentes violentos que tiñan unha motivación política na defensa da unidade de España e rexeitamento do independentismo. Unha contabilidade na que non se inclúen as acción das forzas de seguridade.

A maioría deses 139 incidentes son agresións (86), que provocaron 101 vítimas con feridas de diferente consideración. “O resto dos delitos son de diferente tipoloxía: ameazas, coaccións, actos vandálicos [160 vehículos coas rodas pinchadas nunha noite en Girona, por exemplo] e tamén casos de violencia sexual”.

O documento achega unha completa lista coa cronoloxía deses 139 incidentes  violentos acontecidos nese período e lembrando que puido haber máis e dos que non tiveron coñecemento.

A seguir expoñemos 5 exemplos recollidos desa listaxe:

Barcelona: Dous individuos que veñen dunha manifestación a prol da unidade de España agreden a puñadas un rapaz co que se cruzan por considerar que é “independentista”.

Castellgalí, Bages: Tres persoas que viñan dunha manifestación unionista en Manresa entran nun restaurante coas bandeiras españolas, pedíndolle o propietario que fagan o favor de deixalas na entrada. O propietario é agredido ao tempo que un cliente ferido na cara cun obxecto punzante, sendo trasladado a un hospital.

Barcelona: Varios manifestantes dunha mobilización unionista rodean un viandante que levaba un símbolo independentista. Tírano ao chan e danlle unha malleira.

Barcelona: Un pai paseaba cos seus dous fillos menores cando un destes nenos comezou a arrancar un cartaz dunha concentración dun grupo unionista. Unha activista unonistaa agrede entón ao pai, ao que golpea varias veces nos xenitais.

Malgrat de Mar, Maresme: Manifestantes que participaron nunha concentración españolista diante da Casa do Concello irrompen no pleno, obrigando a alcaldesa a suspender a sesión. Cando os concelleiros abandonaban a sala, insultados polos ‘uinonistas’, a tenente de alcade é agredida. A alcaldesa é perseguida até a súa casa por varios manifestantes que a insultan a ela e a súa familia.

Comentarios