Tabaré Vázquez volveu á presidencia do Uruguai este domingo 30 de novembro. Após a segunda volta das presidenciais o candidato do Frente Amplio obtivo o 53,5% dos votos (1.226.105) segundo os dados fornecidos pola Corte eleitoral uruguaia.
Pola súa banda, Lacalle Pou, do Partido Nacional, recolleu 939.074 votos (o 41%), dun total de 2.321.230 papeletas emitidas.
No seu discurso após coñecerse os resultados do escrutinio, Tabaré Vázquez, amosou o seu agradecemento a "todos aqueles que nos encomendaron novas responsabilidades" e que apostaron no desenvolvemento social, o traballo e o progreso do país. O novo mandatario afirmou que "gañou Uruguai" e emprazou as forzas da oposición ao "diálogo". "Están convocados todos" a conversar "sen prexuízos mais con lealdade", acrecentou.
O líder do Partido Nacional, Lacalle Prou, sinalou pouco antes de que se oficiasen os resultados que estes "se acatan, respéctanse e deféndense". "A xente decidiu", subliñou.