A Universidade de Harvard elimina a encadernación en pel humana dun libro da súa biblioteca

A Universidade retirou da súa biblioteca a "pel humana" que encadernaba o libro "Os destinos da alma". O exemplar pertencía ao médico Ludovic Bouland, quen o forrou cos restos que tomou sen consentimento do corpo dunha paciente falecida nun hospital.
libro pel humana harvard
photo_camera O libro encadernado con pel humana (Foto: Harvard)

Durante 90 anos, a biblioteca da Universidade de Harvard alberga un libro encadernado en pel humana. Trátase dun exemplar do libro de Arsène Houssaye Des destinées de l'âme (Os destinos da alma), de 1880. Porén, após unha revisión da colección detectáronse o que a institución cualifica como "problemas éticos" respecto á orixe e historia do volume, e a universidade decidiu eliminar a pel humana do volume.

"A Biblioteca de Harvard recoñece os erros cometidos, que se materializaron e comprometeron a dignidade do ser humano implicado", afirmou nun comunicado no que pediu desculpas. 

E é que o libro chegou ás instalacións de Massachusetts en 1934, depositado polo diplomático, empresario e antigo estudante estadounidense John Stetson. Nunha nota que desde entón non foi colocada, Stetson detallou que a pel procedía dun paciente descoñecido nun hospital psiquiátrico francés.

Foi o primeiro propietario do libro, o médico e bibliófilo francés Ludovic Bouland, quen decidiu encadernalo coa pel dunha paciente sen o seu consentimento e a ética do procedemento nunca fora cuestionada. 

Os destinos da alma é unha meditación sobre a alma e a vida despois da morte e continuará na biblioteca de Harvard, aínda que sen restos humanos.

Até non hai tanto, os alumnos podían acceder ao libro e, de feito, entre os estudantes existía unha 'novatada' na que os máis veteranos pedían aos novos que tomasen o exemplar, sen informalos que contiña restos humanos.

A universidade, unha das prestixiosas 'Ivy League' de Estados Unidos, revisou a custodia do libro tras un informe do seu comité directivo sobre restos humanos en coleccións de museos universitarios, publicado no outono de 2022.

Comentarios