O Supremo asume a causa por rebelión e sedición contra o Govern, ANC e Omnium

Consellers á súa entrada na Audiencia Nacional
photo_camera Consellers á súa entrada na Audiencia Nacional

O maxistrado instrutor do Tribunal Supremo, Pablo Llarena, asumiu a causa polos supostos delitos de rebelión e sedición contra o Govern eleito e os líderes de ANC e Omnium após o informe favorábel da xuíza da Audiencia Nacional española, Carmen Lamela. Así, o mesmo maxistrado que permitiu evitar a prisión a Carme Forcarell e resto de membros soberanistas da mesa do Parlament, pasa a investigar tamén Carles Puigdemont, o vicepresidente Oriol Junqueras e o resto de consellers, así como Jordi Sànchez e Jordi Cuixart.

A xuíza Lamena acepta a unificación dos casos considerando que a investigación tense que facer de maneira conxunta para determinar con “coherencia” as responsabilidades de todos os investigados. Nesta liña, considera que unha investigación por separado “dificultaría escrarecer os feitos e a comprensión de toda a estratexia colaborativa”. A Audiencia Nacional fica, iso si, coa investigación contra o maior dos Mossos, Josep Lluís Trapero, e a intendente deste corpo policial, Teresa Laplana.

Segundo avanza Nació Digital, as defensas prevén demandar esta segunda feira a liberación dos consellers encarcerados. O xuíz Llarena debería tomar a decisión en poucos días, unha semana máximo. Se acepta a liberdade, os presos poderían tomar parte na campaña electoral. 

Comentarios