Un sector do Constitucional pide estudar a fórmula de toma de posesión no Congreso dos deputados independentistas

O sector máis conservador do Tribunal Constitucional quere abrir un debate para deixar 29 congresistas de formacións independentistas e Unidos Podemos sen escano. 
Edificio do Tribunal Constitucional en Madrid (Foto: Nós Diario).
photo_camera Tribunal_Constitucional

O sector máis conservador do Tribunal Constitucional quere abrir un debate para deixar sen escano 29 congresistas de formacións independentistas e Unidos Podemos no Congreso, segundo Eldiario.es. Trátase dos deputados e deputadas que empregaron diferentes formas de tomar posesión durante a constitución das cortes o 3 de decembro, sinala o xornal.

Xa o 3 de decembro, varios grupos como Vox, o PP e Ciudadanos queixáronse ao presidente do Congreso e pedíronlle que non aceptase o xuramento destes 29 deputados, entre eles Néstor Rego (BNG). Nese momento, o líder do PP, Pablo Casado, anunciaba unha denuncia ante o Tribunal Constitucional pero Vox tomou a dianteira

A formación de extrema dereita reclamou ao TC que todos os procedementos parlamentarios adoptados desde decembro de 2019 ficaran sen efecto, entendendo que 29 dos votos contados durante a votación nunca se deberon ter en conta.

Vox reuniuse no Tribunal Constitucional cun sector de maxistrados sensíbel á súa petición: "Os postulados de Vox están a atopar receptividade na casa", asegura un maxistrado do TC ao citado medio.

Os recursos que PP e Cs por este mesmo asunto chegaron á mesa da Sala Primeira do Tribunal Constitucional para o seu estudo e resolución. Esta sala decidiu arquivalos. Porén, un grupo de maxistrados non estaba de acordo coa decisión de arquivar os recursos e esixiu que o asunto se debatise nunha sesión plenaria. Para iso, presentaron un documento con seis sinaturas solicitándoo.

Segundo as normas de funcionamento do TC, para levar un asunto ao plenoabonda con que o solicitan mínimo tres s maxistrados e iso é o que pasou. A proposta de arquivamento adoptada pola sala primeira xa non serve para nada e o debate terá que comezar a partir do 0 no pleno, onde os maxistrados próximos ao PP e Vox están na maioría.

"Por imperativo legal"

Á hora de tomaren posesión dos seus postos, todas as deputadas e deputados nacionalistas acataron a Constitución afirmando que o facían por “imperativo legal” e lembraron as súas posicións coa defensa dos seus pobos e co dereito á autodeterminación.

Nese sentido, o deputado do BNG Néstor Rego prometeu a Constitución e, sostendo un exemplar do Sempre en Galiza, comprometeuse de viva voz “a defender a Galiza, a democracia e a soberanía. Por imperativo legal, prometo”. Nas filas de Esquerra prometeuse acatar a Constitución "pola liberdade dos presos políticos e até a constitución da república catalá", aínda que algunhas delas engadiron máis expresións en contra "do fascismo, o franquismo e o racismo". Desde Junts prometeuse coa mesma fórmula remarcando con "lealdade ao mandato democrático de 1 de outubro, por fidelidade ao pobo de Catalunya, pola liberdade dos presos políticos e o retorno dos exiliados". Na CUP acatouse remarcando a lealdade das anticapitalistas co pobo de Catalunya,

“Até a creación da República Vasca" foi a fórmula empregada por EH Bildu para prometer, mentres que no PNV non se engadiu ningunha fórmula alén do “imperativo legal”.

Na bancada de Unidas Podemos escoitáronse menos engadidos que na anterior toma de posesión. De feito, tanto Pablo Iglesias como Irene Montero e outras deputadas, tan só pronunciaron un “si, prometo”.

Comentarios