#SaveMooreStreet: Dublín sae á rúa contra o estrago dun patrimonio da revolta de 1916

O proxecto de dar paso a un gran centro comercial no lugar onde os rebeldes irlandeses ofreceron a súa última resistencia ao exército británico na 'Revolta de Páscoa' está a xerar unha ampla contestación social na capital. 

Cadea humana en defensa dos edificios
photo_camera Cadea humana contra a conversión do edificio nun centro comercial

O 30 de abril de 1916, os Voluntarios Irlandeses, comandados por Pádraigh Pearse, rendíanse ás tropas británicas. Fixérono após un bombardeo inglés que incendiou o cuartel xeral dos rebeldes que se ergueran en armas e proclamaran a independencia de Irlanda. Os que ficaron agrupáronse en Moore Street, unha rúa dublinesa, para ofrecer unha última resistencia desde unha fileira de casas. Mais, fracasada a revolta, cansos e sen apenas munición, optaron por ondear a bandeira branca. Alí estaban 5 dos 7 asinantes da proclamación de independencia de Irlanda: Pearse, James Connolly, T. Clarke, J. Plunkett e Sean McDermott. Todos eles serían fusilados polos británicos nos días posteriroes. Tamén estaba alí, en Moore Street, Michael Collins, un dos homes chave na fundación do IRA.

Moore Street (en gaélico, Sraíd Uí Mhórdha) convertiuse nun emblema da 'Revolta de Páscoa'. Un patrimonio urbano e histórico nun barrio popular da capital irlandesa, un barrio que atesoura un dos mercados de rúa con froita e hortalizas e legumes máis importante de Dublín. E un barrio que se revolta contra o proxecto de construír un gran centro comercial na zona exacta onde en 1916 os rebeldes irlandeses se rendían aos británicos. A oposición estendeuse por diferentes sectores e barrios e colle forma de concertos, manifestacións de miles de persoas e mesmo a ocupación durante varios días do emblemático edificio de 'Moore Street'. Colectivos veciñais, asociación de memoria histórica, organizacións sindicais ou políticas (nomeadamente do republicanismo, co Sinn Féin á fronte) participan nas mobilizacións.

Colectivos veciñais, asociación de memoria histórica, organizacións sindicais ou políticas (nomeadamente do republicanismo, co Sinn Féin á fronte) participan nas mobilizacións.

En 1998 desde o Concello proponse unha remodelación e redeseño do barrio, que implicaría demoler parte da fileira de casas históricas e parte xa da historia da loita irlandesa. Xa daquela deuse unha forte oposición a esta pretensión. De feito, parte de Moore Street, a comprendida entre os números 14 e 17, foron declaradas monumento nacional en 2007. Porén, recentemente acometéronse obras nos números 18 e 19. Accións e traballos que desde o grupo 'Salvemos Moore Street', asociacións de descendentes de combatentes do 1916 ou valedores do patrimonio rexeitan e critican. Manteñen que se vai demoler eses puntos do barrio para dar cabia a un complexo comercial.

Ao longo destes meses decorreron diferentes iniciativas e mobilizacións para se opor a esa pretensión. Na pasada fin de semana, varios milleiros de persoas marcharon pola capital irlandesa en defensa de 'Moore Street'. Entre ellas, rostos da cultura e política irlandesa, como Gerry Adams. “

Comentarios