Porto Rico determina hoxe o seu futuro status político dentro ou fóra dos EUA

O pobo de Porto Rico decidirá hoxe nas urnas --coincidindo coas eleccións en Estados Unidos-- entre manter o seu status político como Estado libre asociado, integrarse totalmente nos EUA ou optar pola indepedencia. Barack Obama asegurou que respectará a decisión da cidadanía portorriqueña.
Eleccións en Puerto Rico

Catro formacións políticas presentaron estes días as súas cartas en relación co futuro de Porto Rico. Os habitantes dese país caribeño decidirán, por primeira vez desde a chegada invasora dos españois, se queren un futuro pola súa conta, continuar como agora ou buscar outra alternativa. Porto Rico foi ocupado polo imperio español en 1493 malia os ataques do imperio británico polo seu interese en dominar a illa. En 1898 entrou na súa historia Estados Unidos que gañou a guerra contra España e anexionou os territorios coloniais. Na actualidade é un Estado Libre Asociado de Estados Unidos mais cunha forte contestación independentista desde os anos 50.

Eleccións xerais, ao Senado, municipais e a relación cos EU

As votacións de hoxe son xerais e escollerán ao gobernador e ao representante perante o Congreso de EUA. Ademais elixirán os membros da Cámara de Representantes, o Senado e as alcaldías dos 79 municipios que ten Porto Rico. En total 2.402.000 portorriqueñ@s poderán escoller en 8.757 colexios electorais cal será o seu futuro sabendo que nunha visita realizada por Barack Obama en 2011, o presidente dos Estados Unidos asegurou que respectaría a súa decisión. 

Porto Rico atópase nunha fonda crise económica e coa decisión sobre a súa relación con Estados Unidos decidirá, tamén, o modelo a seguir nos vindeiros anos. O actual sistema de dependencia implica unha subordinación política ao que aconteza con ese país.

Nunha visita realizada por Barack Obama en 2011, o presidente dos Estados Unidos asegurou que respectaría a súa decisión.

Independencia, Estado libre asociado ou integración total

Dúas formacións políticas asinan a independencia. O ELA Soberano e o Partido Independentista Portorriqueño apostan pola plena soberanía a través da separación total dos EUA. "O noso voto é insobornábel, nin se vende, nin se aluga. Esta patria está en crise e o co-goberno colocounos no precipicio", afirma Juan Dalmau do Partido Independentista Portorriqueño. O movemento independentista ten unha forte base social no país e a opción soberanista --en auxe-- conta co apoio de figuras públicas relevantes como René Pérez, vocalista e líder do popular grupo musical Calle 13.

Partido Popular Democrático, liderado por Alejandro Javier García Padilla, quere a continuidade do sistema actual. Non hai moito o seu presidente afirmaba que "aquí no Partido Popular, debémoslle lealdade tanto ao Estado Libre Asociado na súa forma actual, responsábel do progreso de Porto Rico, como a toda dinámica de crecemiento, dentro da unión permanente, que non poña en risco o ben acadado"

Por último esta o Partido Nuevo Proguesista que aposta por unha integración total nos Estados Unidos. O seu lider, Luis G. Fortuño, asegurou hai unhas horas na súa conta de twitter que "votei xunto a miña familia nón á Colonia e demos o noso voto pola Estadidade".

Comentarios