luns 26/07/21

O presidente cubano, Díaz-Canel, elixido primeiro secretario do Partido Comunista

O presidente de Cuba, Miguel Díaz Canel, substitúe Raúl Castro como primeiro secretario do Partido Comunista da illa, segundo anunciou a formación no cuarto e último día do seu VIII Congreso.

EuropaPress_2434366_20_october_2019_ireland_dublin_cuban_president_miguel_diaz-canel_walks_in
Díaz Canel

O Comité Central do Partido Comunista de Cuba elixiu Miguel Díaz- Canel Bermúdez como o seu Primeiro Secretario. O anuncio prudciuse na última xornada do Congreso, na que se deu a coñecer o novo Comité Central, o  Buró Político e o Secretariado da organización.

No seu informe central, o xeneral do Exército, Raúl Castro  dixo que Díaz-Canel non é froito da improvisación, senón dunha pensada selección dun mozo revolucionario” con condicións para ser promovido a cargos superiores”.

Tamén destacou  que nos tres últimos anos Díaz-Canel soubo formar equipo e fomentado a cohesión “cos órganos superiores do Partido, o Estado e o Goberno”.

Desta maneira, Castro culmina o seu labor como Primeiro Secretario do Comité Central do Partido Comunista de Cuba, satisfeito, como expresou, do “deber cumprido e a confianza no futuro da Patria, coa meditada convicción de non aceptar propostas para manterme nos órganos superiores da organización partidista, en cuxas filas continuarei militando como un combatente revolucionario máis, disposto a achegar a miña modesta contribución até o final da vida”.

comentarios