Perú oficializa 24 linguas indíxenas

Até agora só o aimara e o quechua tiñan ese recoñecemento, obtido en 1985. O abano amplíase a máis linguas, con implicacións nas administracións.

Peru

Perú oficializa 24 linguas indíxenas, unha decisión valente de cara á recoñecer a riqueza de idiomas deste país, se ben o seu alcance é limitado. A medida adoptada polo goberno peruano permite que o funcionarado poida empregar estas linguas naquelas comunidades onde se utilicen as mesmas.

Harakbut, ese,eja, yine, kakataibo, matsigenka, jaqaru,nomatsigenga, yanesha, cashinahua, wampis, s quoia, sharanahua, murui muinani, Kandozi Chapra,kakinte, matsés, ikitu, shiwilu, madija i kukama kukamiria. Son as linguas que van ter o novo recoñecemento. Tamén se vai oficializar o ashaninka, o máis impostante na amazonía, que falan perto de 100 m il persoas e que se ensina en 814 escolas bilingües. E tamén o shipibo-konibo, que se imparte en 299 ecolexios públicos.

Até o de agora só 2 linguas indíxenas (quechua e aimara), ambas as dúas de orixe andino, tiñan algún recoñecemento oficial. O propio estado peruano recoñece que na actualidade fálanse 47 idiomas no seu territorio.

Comentarios