Madrid xa anunciou que recorrerá ao Consitucional

O Parlament aproba a posibilidade dunha investidura a distancia

O Parlament de Catalunya vén de aprobar a posibilidade de investir un president a distancia. Fíxoo apoio das forzas independentistas e voto en contra de Ciudadanos, PSC, Catalunya en Comú e PP.
 

Puigdemont, durante o seu discurso onte desde Bruxelas
photo_camera Carles Puigdemont, durante un discurso desde Bruxelas.

A reforma da lei de Presidència procura facilitar a investidura de Carles Puigdemont. Para saír adiante, os promotores da mesma desoíron as advertencias do Tribunal Contitucional e as ameazas de Mariano Raxoi. Este xa anunciou que presentaría un recurso ante o mencionado tribunal.

Coa norma reformada, a Cámara catalá pode proclamar president a unha persoa que non estea present no hemicilo. Puigdemont convocou os deputados do seu grupo, Junts per Catalunya, a unha xuntanza en Berlín para “abordar a recta final da investidura”, informa ElNacional.cat.

Ás poucas horas de se aprobar a modificación lexislativa en Catalunya, o Goberno español solicitaba un “informe preventivo” ao Consello de Estado para presentar recurso ante o Consello de Estado. O texto do mesmo leva días redactado.

“A reflexión é que o Parlament non debe dar pasos abocados ao fracaso”, expuxo o portavoz do Executivo central Íñigo Méndez de Vigo na comparecencia de prensa posterior ao Consello de Ministros desta sexta feira, “que non conducen a ningures. Deberíano ter aprendido do 6 e 7 de setembro”.

Comentarios