A reforma da lei de Presidència procura facilitar a investidura de Carles Puigdemont. Para saír adiante, os promotores da mesma desoíron as advertencias do Tribunal Contitucional e as ameazas de Mariano Raxoi. Este xa anunciou que presentaría un recurso ante o mencionado tribunal.
Coa norma reformada, a Cámara catalá pode proclamar president a unha persoa que non estea present no hemicilo. Puigdemont convocou os deputados do seu grupo, Junts per Catalunya, a unha xuntanza en Berlín para “abordar a recta final da investidura”, informa ElNacional.cat.
Ás poucas horas de se aprobar a modificación lexislativa en Catalunya, o Goberno español solicitaba un “informe preventivo” ao Consello de Estado para presentar recurso ante o Consello de Estado. O texto do mesmo leva días redactado.
“A reflexión é que o Parlament non debe dar pasos abocados ao fracaso”, expuxo o portavoz do Executivo central Íñigo Méndez de Vigo na comparecencia de prensa posterior ao Consello de Ministros desta sexta feira, “que non conducen a ningures. Deberíano ter aprendido do 6 e 7 de setembro”.