Os afroamericanos que non son Obama: poboación negra de EEUU ten 23% de pobreza fronte o 9% da branca

O primeiro presidente afroamericano de EEUU inicio o seu segundo mandato mentres na sociedade estadounidense a fenda racial non se reduce. Estudos encargados polo goberno amosan que negr@s e hispan@s teñen tres veces máis niveis de pobreza
afroamericanos
photo_camera afroamericanos

Segundo o programa CNN Money e o Gabinete de Censos, en Estados Unidos as persoas de raza branca teñen 22 veces máis riqueza que as afroamericanas e 15 veces máis que as e os hispanos. O rendimento medio líquido dun agregado familiar branco foi de 110.000 dólares fronte 4.900 dun agregado negro e 7.424 de um agregado latino.

Os afroamericanos representan 12,3% da poboación de EEUU mais apenas 4,7% dos avogados. Os latinos son o 15,8% da poboación mais só o 2,8% dos avogados.

Un 9% das famílias brancas vive abaixo do nível de pobreza norte-americano fronte a un 23% de negros e hispanos que se atoparían nesa mesma situación

Pior ensino para afroamericanos e hispanos

De acordo co inquérito patrocinado polo goberno de Estados Unidos,e feito a 72.000 escolas, os estudantes afro-americanos enfrontan unha disciplina máis dura, teñen menos acceso a aulas do ensino secundário de calidade e teñen maior probabilidade de ser ensinados por profesores con menos experiencia e piores salarios.

Aliás, un 13% dos brancos, 21% dos negros e 32% dos hispânicos non ten seguro de saúde, de acordo com a Kaiser Foundation.

A análise do último Censo mostra que 9% das famílias brancas vive abaixo do nível de pobreza norte-americano fronte a un 23% de negros e hispânicosque se atoparían nesa mesma situación

Comentarios