América Latina

A oposición venezolana colle folgos tras o bloqueo a Guaidó na Asemblea

O líder opositor venezolano Juan Guaidó logrou entrar esta terza feira, 7 de xaneiro, na Asemblea Nacional e xurar o cargo de presidente da Asemblea Nacional dous días despois de que as forzas policiais lle impedisen a entrada.
HANDOUT - 06 January 2020, Venezuela, Caracas: Venezuelan opposition leader and self-appointed interim president Juan Guaido speaks at a press conference. The Venezuelan parliament has split into two competing bodies after lawmaker Luis Parra was sworn-in as Venezuela's National Assembly president. Photo: Rafael Hernandez/ntn24/dpa - ACHTUNG: Nur zur redaktionellen Verwendung im Zusammenhang mit der aktuellen Berichterstattung und nur mit vollständiger Nennung des vorstehenden Credits
ONLY FOR USE IN SPAIN

1/6/2020 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Guaidó, no acto de reelección como presidente da Asemblea Nacional (Europa Press)

Malia a resistencia física por segunda vez das forzas policiais, Juan Guaidó e os seus seguidores, membros do Parlamento, lograron entrar na Asemblea Nacional. O líder da Mesa da Unidade Democrática, coalición que conta coa maioría na Asemblea Nacional, xurou o cargo despois de ser elixido nunha sesión alternativa dous días antes na redacción do xornal El Nacional.

Mentres, dentro da Asemblea, o opositor disidente e "tapado" do chavismo, Luis Parra, era tamén elixido presidente da Cámara. Unha acción que provocou o rexeitamento da comunidade internacional e que dá cheda a unha oposición que fora perdendo fol a medida que avanzaba 2019, a poucos meses dunhas eleccións lexislativas que se ventan moi igualadas.

O chavismo aspira a recuperar a maioría na Asemblea Nacional. Para isto depositou as súas esperanzas nunha oposición moi fragmentada e dependente dos intereses económicos e militares dos EUA.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios