ONU cualifica de ‘’vergoña universal’’ o novo bombardeo de Israel a unha das súas escolas

O ataque do exército israelita matou un mínimo de 16 persoas (delas, 6 crianzas) e feriu 90. Israel foi informado até 17 veces de que ese edificio acollía civís refuxiados. Un portavoz do exército limitouse a dicir que "investigaría o que pasou". 

Gaza palestina

A ONU acusou a Israel de atacar unha escola que acollía civís refuxiados e de ignorar todos os avisos dados desde Nacións Unidas sobre que ese edificio estaba baixo a súa responsabilidade e protección. Chris Gunness, portavoz da UNRWA (axencia da ONU para os e as refuxiadas palestinianas), cualificou o ataque, que matou un mínimo de 16 persoas (6 delas crianzas), de “vergoña universal”.

Gunnes dixo que Israel foi informado 17 veces de que a escolla acollía a 3.200 civís refuxiados, a última delas horas antes do ataque. A escola Abu Hussein, administrada pola ONU, fica no campo de refuxiados de Jabaliya. O comisario xeral de UNRWA en Xerusalén, Pierre Krähenbühl, afirmou que lle “faltan palabras para expresar” a “rabia e a indignación” tras este novo ataque.

En tres semanas a ofensiva militar israelita acabou coa vida de 1.240 e feriu perto de 7.000. As persoas desprazadas superan as 250.000.

Comentarios