[VÍDEO] "Onde está Jackie?": Volven os rumores da "demencia" de Biden despois de preguntar en público por unha lexisladora falecida

Non é a primeira vez que o presidente estadounidense desenvolve comportamentos erráticos.
Joe Biden, na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. (Foto: Europa Press)
photo_camera Joe Biden, na Asemblea Xeral de Nacións Unidas. (Foto: Europa Press)

O presidente dos Estados Unidos (EUA), Joe Biden, participaba esta cuarta feira nunha conferencia sobre a fame, cando no medio dunha intervención comezou a preguntar por unha lexisladora falecida nun accidente de tráfico hai dous meses.

Nun vídeo compartido en redes sociais pode verse como Biden, durante o seu discurso, comeza a dicir “Jackie, onde estás? Onde está Jaclie? Estaba seguro de que estaría aquí”.

O presidente estadounidense preguntaba pola lexisladora do Partido Republicano Jacqueline R. Walorski, unha das organizadoras do foro. Walorski faleceu o pasado 3 de agosto nun accidente automobilístico no que tamén morreron dous traballadores da dirixente política.

Segundo reportaron varios medios de comunicación internacionais, a Casa Blanca non quixo facer, polo de agora, ningún comentario con respecto a un novo episodio de confusión de Joe Biden.

Ten Joe Biden demencia?

Non é a primeira vez que o comportamento errático do presidente dos Estados Unidos leva a medios de comunicación e rivais políticos de Joe Biden mostran as súas dúbidas sobre o estado cognitivo do dirixente estadounidense.

O pasado mes de xuño, fotógrafos de varios medios de comunicación captaron unha tarxeta de notas, en cuxo anverso podían lerse instrucións para o presidente. “Vostede entra na Sala Roosevelt e saúda os participantes”, recollía o primeiro punto, “vostede toma o seu asento”, continuaba, cos pronomes resaltados, en maiúscula, sobre o resto do texto. Após “Entra a prensa”, a seguinte instrución instábao a facer “comentarios breves”. Finalizaba cun “Vostede agradece aos participantes” e un “Vostede vaise”, outra vez cos pronomes en maiúscula.

Outros episodios que puxeron a lupa sobre o estado mental de Biden ocorreron cando se perdeu no patio da Casa Branca, a súa residencia oficial; cando non puido ler de maneira axeitada un texto do teleprónter; ou cando sufriu unha caída dunha bicicleta ao tratar de baixar dela.

Os balbucidos frecuentes, as vacilacións, os problemas de orientación e o feito de amosarse ante as cámaras, ao rematar unha intervención, perdido, saudando a ninguén e dando voltas sobre si mesmo espertaron en varias ocasións a alarma sobre un deterioro cognitivo.

Comentarios