O Senado gasta medio millón de euros en renovar a súa web

A cantidade multiplicaría por catro o investimento habitual no custo deste tipo de servizos
Web do Senado
photo_camera Web do Senado

En plena progaganda da necesidade de austeridade para facer fronte á crise, o Senado español vén de gastar medio millón de euros na renovación da súa páxina web. Un prezo que se considera desproprocionado por expert@s do sector citad@s en diferentes medios españois, pois entenden que por unha cuarta parte desa cifra se podería realizar a mesma operación.

A nova páxina aínda non está en marcha, e as primeiras previsións que apuntaban a finais de 2012 para a súa entrada en funcionamento xa foron postergadas. 

No Senado deféndese a operación, sinalando que a nova web vai ser moito máis operativa e transparente e centrada na cidadanía, abrindo unha xanela para se interelacionar con ela. A través da web poderanse seguir as sesións do senado ou acceder aos bens d@s senador@s. E iso, explican, supón unha serie de ferramentas e servizos que explicarían ese prezo.

A licitación da nova web, segundo se publicou no Boletín Oficial do Estado, constaba de tres lotes: máis de 274.000 euros para unha consultoría de sistemas, máis de 115.000 para un buscador GFi e un espazo infantil con visita virtual incluída por perto de 48.000 euros.

Con todo, expert@s en comunicación, entre outros sectores, inciden en que medio millón de euros son moitos cartos para este tipo de operacións. Apuntan que por unha cuarta parte se podería ter esa ferramenta.

Comentarios