INTERNACIONAL

O Salvador reitera a prohibición de abortar a unha muller en risco de morte embarazada dun feto que morrerá ao nacer

O Salvador reitera a prohibición de abortar a unha muller en risco de morte embarazada dun feto que morrerá ao nacer

Beatriz, a salvadoreña de 22 anos grávida e en alto risco de morte, para a que [email protected] @s profesionais mé[email protected] e até Nacións Unidas están a pedir a interrupción do embarazo, non poderá abortar no seu país. Prohibiullo o Constitucional, negándolle o dereito a decidir e descarregando a responsabilidade no hospital malia que o feto, ao que lle falta metade do cerebro, non vai sobrevivir


O Salvador deixaría morrer a Beatriz, a muller de 22 anos en alto risco de morte e embarazada dun feto de 23 semanas sen cerebro, antes de lle permitir abortar. A sala do Constitucional da corte suprema de Xustiza rexeitou a súa solicitude de amparo para se poder someter a unha interrupción da gravidez nun país onde está prohibida en todos os supostos. 

Beatriz --nome fiticio con que ela se identificou-- ten lupus, padece unha enfermidade renal grave e preclamsia. O feto, anencefálico, non vai sobrevivir aínda que culmine o embarazo. Por tanto, diante dunha disxuntiva onde ou morren [email protected] ou só morre un feto que vai morrer de todas as maneiras, a xustiza salvadoreña escolleu a primeira opción e Beatriz non poderá decidir sobre o seu corpo aínda coa vida en xogo e terá que abortar fóra do Salvador, malia que @s profesionais mé[email protected] que a asisten recomendan que se lle practique a interrupción que reclama. 

"Os dereitos da nai non se poden privilexiar sobre os do nasciturus --o non nacido-- nin á inversa", resolveu o alto tribunal deste país latinoamericano no seu fallo, sinalando que "existe un impedimento absoluto para autorizar a práctica dun aborto por contrariar a protección constitucional". 

O Constitucional deixa a responsabilidade sobre a morte de Beatriz [email protected][email protected]

Levándolle a contraria a todos os informes médicos emitidos polo hospital onde leva ingresada máis dun mes, as cinco persoas con voz na sala --tres votaron en contra do aborto-- din que "co tratamento adecuado a vida da muller non está en perigo" e revólvense de paso contra @s profesionais da medicina espetándolles que "deben asumir os riscos que carrexa o exercicio da súa profesión". No seu tellado deixan a pelota de que Beatriz viva, descarregando nos ombreiros [email protected][email protected] unha decisión que é unicamente da sala do Constitucional, que foi a que vetou o dereito da muller á autodeterminación sobre o seu corpo. 

O aborto é un dereito prohibido en calquera prazo ou suposto para as mulleres salvadoreñas --e as de Nicaragua, Honduras, Chile e a República Dominicana, criminalizado e penalizado con até 50 anos de prisión para as grávidas e outros 12 para @s mé[email protected] que o practiquen. Porén, tanto a Corte iberoamericana de dereitos humanos como a Organización de estados americanos exixiron ao goberno do salvador que cumprise co tratamento aconsellado polo hospital e practicase o aborto. 

Un grupo de [email protected] de Nacións Unidas procedeu da mesma maneira e os colectivos feministas e organizacións de mulleres do Salvador e de Latinoamérica reclaman que o presidente do Salvador, Mauricio Funes, interceda para permitir a interrupción da gravidez. Até a ministra de Saúde desafiou o goberno e posicionouse a favor de que se emita un permiso especial autorizando o aborto de Beatriz e garantindo que nin ela nin quen llo practique será [email protected]

comentarios