luns 25/10/21

O catalán e o aragonés deixarán de ter recoñecemento en Aragón

A lei de linguas impulsada polo PP en Aragón, e que derroga a existente, deixa a catalán e aragonés sen protección algunha na administración, toponimia... denuncian colectivos sociais

Anticatalanismo en Aragón

As cortes de Aragón votarán nos vindeiros días a nova Lei de Linguas, impulsada polo gobernante PP e que contará co apoio do Partido Aragonés (PA), derrogando a existente e, denuncian diferentes colectivos e entidades, deixando fóra de xogo a aragonés e catalán.

O catalán, aliás, deixará de ser oficial nos topónimos das comarcas onde se fala.

Segundo se recolle en Vilaweb, a nova lei “borra tanto o catalán como o aragonés, deixándoos sen ningunha protección por parte da administración”.

Non é catalán, é “aragonés propio del área oriental”

Aliás, esta nova lei tamén implica a fin do recoñecemento da existencia de catalánfalantes en determinadas zonas de Aragón, e abre as portas a ter o español como única lingua oficial.

Por outra banda, substitúese o nome dos idiomas por eufemismos. Así, o catalán pasará ser denominado 'lengua aragonesa propia del área oriental' (LAPAO); e o aragonés. 'lengua aragonesa propia de las áreas pirenaica y prepirenaica' (LAPAPYP). O catalán, aliás, deixará de ser oficial nos topónimos das comarcas onde se fala.

A lei, propugnada pola presidenta de Aragón, Luisa Fernanda Rudi, xerou unha forte polémica parlamentar e social desde os seus inicios.

comentarios