Nicolás Maduro e Cilia Flores comparecen esta segunda feira ante o Tribunal Federal do Distrito Sur de Nova York
O Tribunal Federal do Distrito Sur de Nova York anunciou este domingo que o presidente venezolano, Nicolás Maduro, comparecerá ante a corte esta segunda feira ás 12 horas, as 18 horas na Galiza. "Estados Unidos contra Maduro Moros. Haberá unha vista para o caso mencionado o 5 de xaneiro de 2026, ás 12.00 horas", informou o tribunal nun breve comunicado.
"Celebrarase baixo supervisión do xuíz Alvin K. Hellerstein na rúa Pearl, 500, salga 26A", explicou o conciso texto difundido este domingo. Está previsto que ademais de Maduro tamén compareza a súa esposa, Cilia Flores. Alvin Hellerstein, de 92 anos, foi designado como xuiz superior do distrito sur de Nova York en 1998 polo presidente Bill Clinton e é un dos xuices en activo con más años de carrera.
Maduro foi apresado por militares das forzas especiais estadounidenses nunha incursión en Caracas o sábado de madrugada. Posteriormente foi trasladado ao buque de guerra estadounidense 'USS Iwo Jima' e despois levado ata a Base Aérea da Garda Nacional de Stewart e de alí ao Centro Metropolitano de Detención de Brooklyn.
O mandatario venezolano está acusado de conspiración narco-terrorista desde a súa chegada ao poder tras o pasamento de Hugo Chávez en 2013, segundo o prego de cargos que cita o Título 21 Sección 960a do Código penal dos Estados Unidos. O prego recolle tamén un cargo de "fabricación, distribución ou entrega dunha substancia controlada". En concreto refírese á posesión de cinco quilogramos dunha substancia cunha cantidade detectábel de cocaína.
Tamén está acusado de conspiración para a importación de cocaína, posesión de metralladoras ou artefactos destrutivos e conspiración para posesión de metralladoras ou artefactos destrutivos.
