Ofensiva de Turquía

Matan un combatente galego que loitaba pola liberdade do pobo curdo

As milicias curdas das Unidades de Protección Popular (YPG) veñen de dar conta do falecemento dun dos seus combatentes, o voluntario nado en Ourense Samuel Prada León, durante a ofensiva do Exército turco.

28166472_2013816825522925_8961337285560151668_n

O ourensán Samuel Prada León, voluntario nas milicias curdas das Unidades de Protección Popular (YPG), faleceu o día 10 nunha ofensiva do Exército turco contra as guerrillas na rexión de Afrin, segundo informaron este domingo as YPG.

As milicias sinalan, na súa páxina web e nas redes sociais, que o galego se uniu ao grupo o pasado verán baixo o alias Baran Galiza e combateu contra o DAESH en Raqqa e Deir ez Zoz. O ourensán, de 24 anos, encetou a súa participación nos combates no Afrin ao redor do 20 de xaneiro, data do comezo da campaña turca coa que o réxime de Recep Tayyip Erdogan pretende eliminar do territorio toda a presenza de milicias curdas.

Comentarios