O ministro de Finanzas de Israel, Bezalen Smotrich, asegurou este domingo que se producirá un “éxodo palestino” e que serán os israelís os que “vivan na Faixa de Gaza”, segundo recolleu o diario Haaretz.
Neste sentido, afirmou que Israel debe controlar o territorio da Faixa e “reducir significativamente” o número de residentes palestino nesta zona de cara ao futuro.
“A miña exixencias é que a Faixa de Gaza non siga sendo un fervedoiro onde os millóns de persoas medran no odio e aspiran a destruír o Estado de Israel", afirmou o ministro israelí.
"Se hai 100.000 ou 200.000 árabes en Gaza en vez de dous millóns, o discurso sobre o día de despois será diferente”, manifestou nunha entrevista o membro do Goberno de Israel.
Así mesmo, puntualizou que para lograr garantir a seguridade, Israel “debe ter o territorio baixo o seu control militarmente e ao longo do tempo”. “Tamén hai que estar presente a nivel civil”, engadiu.
Case 22.000 mortes a mans de Israel
Así se manifestou mentres o número de persoas falecidas na Faixa de gaza como consecuencia dos ataques de Israel xa ascende a case 22.000 (21.822 segundo os últimos reportes do Ministerio de Saúde palestino).
Ademais, as autoridades da Faixa de Gaza informaron de 56.451 persoas feridas a maiores cando se cumpren xa 86 días desde o comezo do asedio e dos bombardeos israelís sobre o territorio palestino.