luns 18/10/21

O ministro Illa vai ser o candidato do PSC á Generalitat

O ministro da Sanidade tiña negado en varias ocasións que quixese ser candidato.

 

O ministro Salvador Illa insta o Goberno de Madrid a escoitar a ciencia
O ministro Salvador Illa (Foto: Europa Press)

Iceta deixa paso a Salvador Illa como cabeza de lista do PSC nas elección catalás do 14-F. O ministro de Sanidade español deixa a carteira no medio da pandemia, aínda que negara varias veces que quería ser candidato

Illa será o candidato do PSC nas eleccións do 14-F, aínda que o partido xa elixira o primeiro secretario socialista, Miquel Iceta. O cambio de candidato formalizarase na reunión do Consello nacional do partido.

Illa negara en varias ocasións que pretendese ser o candidato do PSC á Generalitat.

De feito, o ministro esta mesma declarara que Iceta sería o cabeza de lista. "É a persoa que está na mellor posición para marcar o cambio que precisa Cataluña", dixo a TVE.

Porén, o PSOE intentou capitalizar a exposición mediática de Illa a raíz da pandemia. Neste sentido, no último barómetro do CEO, o ministro recibiu unha nota media de 4,76 por parte dos enquisados, un punto máis que Iceta.

comentarios