domingo 19.01.2020

Miles de persoas maniféstanse por un novo referendo independentista en Escocia

Piden unha segunda consulta, baixo a reivindicación 'Yes 2', para decidir o futuro do país após que o Reino Unido votase polo 'Brexit'.

Miles de persoas maniféstanse por un novo referendo independentista en Escocia

Miles de persoas marcharon este sábado por Glasgow (5.000 segundo os organizadores e 3.000 para a policía) para reclamar que se convoque un novo referendo independentista en Escocia, unha consulta que piden após os británicos decidir abandonar a Unión Europea. O 23 de xuño o 63% dos escoceses votaron a favor de se manter na UE mentres que en Inglaterra e Gales triunfou a opción de saír. O día seguinte desa consulta sobre a Unión Europea a primeira ministra escocesa, Nicola Sturgeon, que a posibilidade dun novo referendo independentista estaba sobre a mesa.

En setembro de 2014 a maioría dos escoceses (55%) votou a favor de permanecer no Reino Unido, fronte a un 45% que apoiaron a opción da independencia. A derrota independentista levou a demisión do primeiro ministro de Escocia, Alex Salmond (SNP). Mais o resultado desa consulta non supuxo a derrota do independentismo, que desde entón mantén un apoio amplo, como indican inquéritos e enquisas.

Irlanda

Irlanda do Norte foi, con Escocia, outro dos territorios integrados no Reino Unido onde triunfou a opción contraria ao 'Brexit'. O Sinn Féin aproveitou para sinalar que os resultados amosaban un latexo nos 6 condados do norte diferente ao dos británicos e próximo aos da República de Irlanda e apontou á necesidade dun referendo sobre a integración de toda a illa baixo o mesmo estado. Unha posibilidade que mesmo o primeiro ministro irlandés, Enda Kenny, del Fine Gael, pediu que se considere.

comentarios