Bilbo acolle unha mobilización en defensa dos dereitos lingüísticos

Apoian as forzas políticas máis representativas
Acto de apoio a unha marcha a favor do éuscaro, hoxe en Bilbo. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Acto de apoio a unha marcha a favor do éuscaro, hoxe en Bilbo. (Foto: Nós Diario)

A secretaria xeral de Kontseilua, Idurre Eskisabel, puxo de manifesto a sexta feira nunha rolda de prensa que a manifestación en defensa do euskera do sábado en Bilbo non é "unha cuestión de euskaldunes", senón que "vai alén", pois "estamos a falar de dereitos lingüísticos, de respecto á diversidade, de enfocar un tema como é o conflito lingüístico".

Baixo o lema "Fronte á ofensiva, si ao éuscaro", a mobilización sumou a adhesión dos partidos PNV, EH Bildu, Geroa Bai, EH Bai e Sumar e dos sindicatos ELA, LAB, ESK, STEILAS, CGT, CNT, HIRU e EHNE, así como axentes de distintos sectores e representantes de colectivos en defensa doutras linguas das nacións sen Estado, como A Mesa pola Normalización Lingüística, cuxo presidente, Marcos Maceira, sinalou que "a tendencia de frear por vía xudicial conquistas democráticas ao respecto da lingua é xeneralizada no Estado español".

Maceira advertiu que, se estas accións chegan a consolidarse, “as consecuencias afectarán todas as linguas diferentes do español", e cuestionou que o Poder Xudicial estatal poña “límites á oficialidade" das linguas.

Comentarios