EN IDOMENI

Macedonia reprime con gases lacrimóxenos e pelotas de goma as refuxiadas

A policía militar de Macedonia reprimiu na mañá do domingo as persoas refuxiadas acampadas en Idomeni con gases lacrimóxenos e mesmo con pelotas de goma, que deixaron crianzas feridas.

[Imaxe: @personalescrito] Unha nena afectada polos gases lacrimóxenos
photo_camera [Imaxe: @personalescrito] Unha nena afectada polos gases lacrimóxenos

A policía militar de Macedonia reprimiu con gases lacrimóxenos e con pelotas de goma as centos de persoas que na mañá do domingo acampadas en Idomeni que se situaban a rentes da fronteira. No ataque resultaron feridas mulleres e crianzas.

As autoridades policiais de Grecia informan de que as refuxiadas pedían a reapertura das fronteiras e que trataron de forzar a barreira. Foi entón cando a policía cargou contra estas persoas que buscan asilo. Macedonia admitiu os feitos, mais negou que usase bombas lacrimóxenas, aínda cando existen vídeos e imaxes que así o confirman.

Máis de 10.000 persoas en Idomeni

Máis de 10.000 persoas seguen bloqueadas arestora no campamento de Idomeni, nunha situación de precariedade absoluta cando vai facer unha semana da entrada en vigor das deportacións de refuxiadas a Turquía en virtude do acordo asinado entre o réxime de Erdogan e a UE.

Varias ONG teñen denunciado os actos violentos cometidos pola Policía macedonia contra as persoas bloqueadas no campo de refuxiados.

Comentarios