Karadzic, condenado por xenocidio e crimes contra a Humanidade en Srebenica

O Tribunal Penal Internacional para a Antiga Iugoslavia vén de ditaminar esta quinta feira que o ex líder serbobnosnio Radovan Karadzic é responsábel de xenocidio e de crimes de guerra contra a humanidade na guerra de Bosnia.

[Imaxe: Wikipedia] Karadzic, nunha imaxe de 1994
photo_camera [Imaxe: Wikipedia] Karadzic, nunha imaxe de 1994

Karadzic foi acusado a 40 anos de prisión por un total de once cargos: dous cargos por xenocidio, cinco cargos por crimes contra a humanidade e catro cargos por violacións das leis de guerra, no seu cargo de presidente da autoproclamada República de Srpska entre 1992 e 1996. Porén, o Tribunal non achou probas suficientes para o acusar de xenocidio en diferentes zonas do país.

O xuíz que preside o proceso, o surcoreano O-Gon Kwon, acusou as forzas serbias de Bosnia de acometer numerosos crimes contra os musulmáns e croatas, desde asasinatos até traslados forzosos, mais non percibiu xenocidio.

As forzas serbio-bosnias en Srebenica, declarada polas Nacións Unidas como zona segura, executaron en 1995 máis de 8.000 varóns musulmáns. Foi a peor matanza en Europa desde a Segunda Guerra Mundial.

Karadzic recoñeceu no 2014 a súa responsabilidade moral polos feitos acometidos polos serbios en Bosnia. Con todo, negou perante o Tribunal Penal Internacional ter emitido ordes para executar milleiros de persoas.

Karadzic é o máis alto cargo que rende contas perante este Tribunal máis de dúas décadas após rematar unha guerra na que faleceron unas 100.000 persoas en Bonia Herzegovina.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios