Igrexa católica e unionistas únense contra o Sinn Fein por pedir legalizar o matrimonio de persoas do mesmo sexo

A formación republicana presenta na Asemblea de Irlanda do Norte unha moción en defensa de que persoas do mesmo sexo poidan casar

O Sinn Fein quere volver abrir o debate sobre a legalización do matrimonio entre persoas do mesmo sexo en Irlanda do Norte. Faino malia que a anterior proposta que fixo neste sentido (en outubro, xuntos cos Verdes) fose derrotada: votaron a prol da mesma os deputados nacionalistas irlandeses (37), os non alineados (5) e tres parlamentares unionistas. En contra, todos os probritánicos agás os tres mencionados: 52.

As formacións nacionalistas están no eixo da esquerda. As do unionismo/lealismo, na dereita 

Mais os republicanos volven presentar a moción, respondendo así ás demandas e peticións nese sentido dos colectivos de base de LGTB e de dereitos sociais. E fano tamén, após que na República de Irlanda, o debate esté a abrollar nestes meses a raíz do posicionamento da convención constitucional, partidaria de incluir ese dedreito.

Papistas?

A igrexa católica xa se dirixiu aos e ás deputadas da asemblea para pdir que boten abaixo a moción do SF. Curiosamente, os que partillan esa posición son as formacións protestas e unionistas, con maioría na Cámara,”radicalmente en contra” de que sexa legal que casen persoas do mesmo sexo.

O posicionamento do SF a prol da irrupción voluntaria do embarazo tamén xerou a animadversión da igrexa e os unionistas

O escenario, logo, non deixa de ser curioso para os prexuizos e visións que reducían o conflicto de Irlanda do Norte a protestantes versus católicos. Así, as formacións votadas polos católicos (SF) apoian o matrimonio de persoas do mesmo sexo contra os intereses da igrexa católica; mentres que as formacións votadas polos protestantes (unionistas), coinciden cos 'papistas'.  De feito, o DUP, o principal partido unionista, anunciou mesmo unha campaña en contra deses casamentos.

Tradicionalmente, as dúas principais formacións nacionalistas de Irlanda do Norte (SInn Fein e SLDP) situábanse na esquerda ideolóxica. No bando do unionismo, porén, as formacións máis fortes estaban ubicadas no eixo da dereita conservadora (DUP) e no lealismo na extrema dereita.

Comentarios