Hungría aposta na dereita dura: Orbán, 50% dos votos, e a extrema dereita, 20%

O actual presidente e candidato do anti-inmigración Fidesz gañou con claridade nuns comicios cunha alta participación, por riba de 70%. A ultradereita, segunda forza.

viktor orban imaxe BGhu
photo_camera Viktor Orban

Viktor Orbán logrou a súa terceira vitoria consecutiva nunhas eleccións húngaras, país que goberna desde 2010 e que nas urnas vén de validar este representante da dereita dura e anti-inmigración para gobernar catro anos máis. A amplitude da vitoria -case 50% dos sufraxios- sorprendeu os propios analistas, máxime cando esta se deu nun contexto de alta participación (70%). Para completar o cadro, a segunda forza máis votada foi a extrema dereita, Jobbik, con 20% dos sufraxios.

Así pois, entre dereita extrema e extrema dereita suman 70% dos votos. Fidesz, a organización de Orbán, obtivo 133 escanos e 27 os de Jobbik. A esquerda apenas foi quen de gañar na capital, Budapest, onde triunfou a coligazón de esquerdas socialdemócratas, que logrou 20 deputados.

A Coligazón Democrática, de esquerdas, sobrepasou o limiar do 5% dos votos e obtén case unha decena de escanos mentres que os ecoloxistas fican con 7. A campaña pivotou sobre a axenda posta polo presidente Orbán: combater a inmigración e ataques a todos os que considera inimigos de Hungría. 

Comentarios