Ascenden a 2.750 os falecidos palestinos na Faixa de Gaza mentres Hamás e Israel negan un acordo de cesamento do fogo

O balance de vítimas por mor dos bombardeos de Israel contra a Franxa de Gaza tras o ataque lanzado o 7 de outubro por Hamás ascendeu a 2.750 mortos e máis de 9.700 feridos, segundo indicaron esta segunda feira as autoridades palestinas.
Unha crianza palestina olla os edificios derrubados polos bombardepos israelitas en Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib / dpa).
photo_camera Unha crianza palestina olla os edificios derrubados polos bombardepos israelitas en Gaza (Foto: Abed Rahim Khatib / dpa).

As autoridades de Israel anunciaron esta segunda feira un plan para evacuar civís en localidades situadas ata a dous quilómetros de distancia da fronteira con Líbano, tras os últimos enfrontamentos con Hezbolá e ante as preocupacións sobre a posibilidade de que o grupo se sume ao conflito aberto entre Israel e Hamás.

Aliás, o Goberno de Israel negou a existencia dun acordo para un cesamento do fogo no sur da Faixa de Gaza para permitir a reapertura do paso de Rafá, na fronteira con Exipto, para a evacuación de estranxeiros e a entrada de axuda humanitaria ao enclave. Hamás tamén negou a existencia deste acordo.

Mentres tanto, o drama humanitario en Gaza continúa. O balance de vítimas por mor dos bombardeos de Israel contra a Franxa de Gaza tras o ataque lanzado o 7 de outubro por Hamás ascendeu a 2.750 mortos e máis de 9.700 feridos, segundo indicaron esta segunda feira as autoridades palestinas.

Detencións

Para alén dos mortos e feridos, tamén aumentan as detencións por parte do Goberno Israelita. O exército de Israel detivo na mañá desta segunda feira 40 palestinos durante unha serie de operacións en Cisxordania contra "presuntos terroristas".

Isto sitúa en 360 o número total de palestinos arrestados desde que comezou a guerra aberta o 7 de outubro.

Comentarios