Garda Civil e policía española actuarán de se manter o 1-O

O ministro do Interior notifica por carta á Generalitat que envía reforzos policiais a Catalunya. Ten 6.000 axentes desprazados.

policia

Esta sexta feira o ministro do Interior, Juan Ignacio Zoido, comunicou ao seu homólogo catalán, Joaquim Forn, que o goberno español decidiu despregar en Catalunya unidades de reforzo da Garda Civil e da Policía Nacional que terán como funcións a “vixilancia do espazo público”, “o mantemento do orde” e actuar “en caso de que se manteña o referendo ilegal”.

Na carta, o ministro do Interior indica que estas unidades “actuarán en apoio” dos Mossos d´Esquadra, corpo que se encarga deste tipo de tarefas e funcións. O Ministerio indica que con esta decisión darse cumprimento á instrución da Fiscalía Superior de Catalunya do 8 de setembro ordenando que se activasen as medidas necesias para “evitar a realización do referendo ilegal”. 

Comentarios