xoves 21/10/21

A Fiscalía oponse a indultar os presos do procés

O Tribunal Supremo descarta aceptar a petición a favor da ducia de condenados polo proceso soberanista de Catalunya.

Os fiscais do Tribunal Supremo oponse á concesión dos indultos solicitados a favor das e dos 12 políticos condenados pola súa participación no 'procés' soberanista de Catalunya, debido á gravidade dos feitos e a que non atoparon razóns de xustiza, equidade ou utilidade pública que xustifiquen aplicar a medida de graza, segundo consta nos informes que elaboraron para cada un deles.

O Ministerio Público negouse a informar favorabelmente sobre estes indultos, nin sequera de forma parcial, alegando que "esta institución ten un carácter excepcional e só cando concorran circunstancias moi especiais de xustiza, equidade ou utilidade pública -que aquí non se aprecian e que nunca se deben identificar con motivacións de índole política ou derivadas de acordos políticos- pode servir para adecuar as penas previstas".

"As penas impostas non se poden considerar inxustas en atención á gravidade dos delitos cometidos, tampouco adoecen de falta de equidade, xa que cumpren rigorosamente co principio de proporcionalidade das penas", indican.

Tamén aluden a que as sancións permitir "soster a utilidade pública desta iniciativa de graza non é o máis recomendábel cando se pretendeu a ruptura do marco básico regulador da convivencia democrática".

Falta de arrepentimento

Presentáronse peticións de indulto para o ex vicepresident catalán, Oriol Junqueras; as e os ex conselleiros Dolors Bassa, Joaquim Forn, Josep Rull, Raül Romeva, Jordi Turull, Santi Vila, Meritxell Borràs e Carles Mundó; os líderes sociais Jordi Cuixart e Jordi Sànchez; e a ex presidenta do Parlament, Carme Forcadell.

No caso de Junqueras, a Fiscalía engade que segundo os informes da prisión, non se menciona que acredite arrepentimento polos feitos cometidos. 

comentarios