domingo 31.05.2020

"Todos somos Mohamed". Falece Mohamed Abdelaziz, presidente saharauí e histórico líder do Frente Polisario

Morreu aos 68 anos de idade. Desde 1976 lideraba o FP e desde 1982 era presidente da RASD.

Falece Mohamed Abdelaziz, presidente saharauí e histórico líder do Frente Polisario

Faleceu Mohamed Abdalaziz, histórico lider independentista e presidente da República árabe saharuí democrática (RASD). Deixounos aos 68 anos de idade a após unha longa enfermidade, segundo o dixital Le360.ma, cancro de pulmón. O Frente Polisario decretou 40 días de loito nacional, finalizado o cal decorrerá un Congreso para elixir novo líder. Mohamed Hama, xefe de gabinete do primeiro ministro saharauí, declarou a axencias que o falecemento é un “golpe moi duro”, mais que non inflúe na “determinación” deste pobo por seguir loitando pola súa independendencia. “Imos seguir loitando. Imos seguir perseguindo o noso obxectivo. Todos somos Mohamed. Mais no noso pobo hai moitos líderes, que pode proseguir co noso obxectivo de liberdade”.

Abdelaziz naceu en Smara en 1947. Desde moi novo participou na loita pola independencia do Sahara. En 1968 tomou parte da fundación do Movemento nacional de liberación saharauí, que utilizou a loita armada contra a ocupación do territorio. Foi unha das persoas que fundou o Frente Polisario en 1973 sendo desde 1976 era o seu líder e figura máis emblemática. En 1982 foi eleito presidente da RASD.  

comentarios