Os EUA xogan a carta de Taiwán para conter a China

A vitoria do independentismo nas eleccións en Taiwán supuxo un xerro de auga fría para as arelas reunificadoras de Xi Jinping. Ademais, a presidenta taiwanesa, Tsai Ing Wen, recibiu o respaldo dos EUA, que pasearon esta sexta feira un dos seus buques de guerra polo conflitivo estreito de Taiwán. 
July 7, 2019 - Taipei, Taiwan: KMT supporters and security before a rally on Sunday July 7, 2019. Taiwan's presidential elections take place in January 2020. Recent protests anti-China protests in Hong Kong have given a boost to the current DPP president Tsai Ing-wen popularity, as her party opposes the "one country two systems' used for Hong Kong and shuns closer economic and political ties with mainland China.  (Chien-min Chung/Contacto)
ONLY FOR USE IN SPAIN

July 7, 2019 - Taipei, Taiwan: KMT supporters and security before a rally on Sunday July 7, 2019. Taiwan's presidential elections take place in January 2020. Recent protests anti-China protests in Hong Kong have given a boost to the current DPP president Tsai Ing-wen popularity, as her party opposes the "one country two systems' used for Hong Kong and shuns closer economic and political ties with mainland China.  (Chien-min Chung/Polaris)
  (Foto de ARCHIVO)

7/9/2019 ONLY FOR USE IN SPAIN
photo_camera Beijing non desbota usar a forza no caso de Taipei proclamar a independencia, tal e como lembrou o presidente chinés o 2 de xaneiro (Europa Press)

Menos dunha semana despois de que a presidenta de Taiwán anovase o seu cargo tras varrer nas eleccións o candidato pro chino, un buque de guerra dos Estados Unidos deixouse ver navegando a través do estreito de Taiwán. Unha manobra militar que envía a Beijing un claro sinal de apoio a Taipei e que se enmarca na  estratexia de Washington para conter a expansión da China na rexión do Indo-Pacífico

O ministro de Defensa de Taiwán informou onte da singradura do navío estadounidense por esta zona de especial sensibilidade, que separa o continente da illa de Formosa, e que é unha continua fonte de tensións. A Mariña dos EUA confirmou a información, e o Goberno da China sinalou que seguira "de perto" os movementos da nave, ao tempo que pediu aos EUA que "tratasen de forma adecuada o asunto de Taiwán sen danar as relacións sino-estadounidense e a paz e a estabilidade no estreito de Taiwán".

O portaavións chinés Shandong, navegara por dúas veces polas augas do estreito nos días previos ás eleccións presidenciais e lexislativas en Taiwan do 11 de xaneiro.

As dúas Chinas

A primeira crise no estreito de Taiwán remóntase a 1954-1955. Foi un breve conflito armado entre a comunista República Popular da China e a nacionalista República da China polo control dunhas illas. En 1949, a Guerra Civil chinesa finalizara coa vitoria da China comunista. O Goberno nacionalista, controlado por Chiang Kai Shek e o Kuomintang, canda máis dun millón de persoas opostas ao Goberno comunista, abandonou o continente e instalouse en Taiwán e outras pequenas illas de arredor. Desde entón, o Taiwán nacionalista autoerixiuse como a auténtica China.

Para a China continental, a día de hoxe, Taiwán continúa a ser o seu principal conflito territorial e diplomático, e nunca desbotou a posibilidade de empregar o uso da forza co fin de retomar o control sobre "a illa rebelde" no caso de que declare a independencia. Así foi que, durante as tensións propias da Guerra Fría entre comunismo e capitalismo, o recoñecemento dunha ou outra China foi fonte de conflitos. 

A política de 'Unha única China' estabelece que hai un único Estado soberano que é a China e que inclúe, entre outros, os territorios de Hong Kong, Macau e Taiwán. Beijing obriga os países que queren manter relacións diplomáticas coa China a recoñecer o seu Goberno como o lexítimo. Fixérono os EUA en 1979, co presidente Jimmy Carter na Casa Branca, despois do avance nas relacións nesa década grazas ao impulso de Richard Nixon. Con todo, conservaron as relacións non-diplomáticas con Taiwán. 

Na actualidade, manteñen unha política ambigua destinada a manter o statu quo pola vía disuasoria para ambas as dúas partes.

Reunificación

Un statu quo que a China quere cambiar. A vitoria de Tsai Ing Wen supón un obstáculo no camiño emprendido polo presidente chinés, Xi Jinping, cara á reunificación de "unha única China", e achega Taipei a Washington, que usa o conflito territorial de Taiwán como un contrapeso á política expansiva de Beijing. 

A presidenta mantén  unha posición de enfrontamento coa China continental, unha postura totalmente oposta á do seu rival pola Presidencia, Han Kuo Yu

Un Han que hai un ano contaba con vinte puntos de vantaxe nas enquisas. Para Marola Padín, analista do Observatorio da Política Chinesa, "Tsai reverteu a tendencia grazas á constante reivindicación de Taiwán como país independente de facto e á influencia dos sucesos en Hong Kong". 

Ademais, apunta outra clave que acabou por lle dar o pulo definitivo: "O discurso do 2 de xaneiro de Xi Jinping, reclamando Taiwán como unha provincia máis da China continental e ameazando con empregar a forza en caso necesario". Un discurso xa coñecido, mais que para Padín cobrou especial importancia pola coincidencia temporal cos comicios en Taiwán.

A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario ou na súa lectura na nube.

Comentarios