O preso cubano, Fernando González, será liberado polas autoridades estadounidenses nas próximas semanas. Segundo informou o seu avogado ao xornal Nuevo Herald, o detido podería saír da cadea o 27 de febreiro de onde será trasladado a un centro de inmigración á espera de ser deportado a Cuba.
O detido, que toma parte do grupo dos cinco, foi detido en 2001 e condeado a 17 anos de prisión acusado de espionaxe. O xuízo que foi denunciado nas institucións internacionais por non respectar as garantías procesuais dos detidos, foi obxecto tamén dunha importante campaña para alén das fronteiras cubanas coa que familiares e responsábeis políticos da illa exixen a liberación e traslado dos cinco.
De entre eles, René González, xa foi posto en liberdade en 2011. Os outros tres, cumpren condenas maiores e mesmo un foi condenado a cadea perpetua.