ETA debate o seu punto e final

A dirección propón dar por concluído o “ciclo e función” da organización, una decisión que está en proceso de votación cunha “participación moi ampla”, segundo o xornal Gara.

ETA
photo_camera Pintada.

ETA debate poner punto e final aos seus 60 anos de historia. O diario Gara informa que a organización leva uns meses nun proceso de debate e votación para decidir se dá por concluído o seu “ciclo e función”. Un proceso que está a ter, segundo este xornal, una alta participación e que podería estar rematado a inicios de verán.

Tres son os documentos que protagonizan este proceso: un de contextualización histórica, un de resumo do período de 2009 até agora e un terceiro, o chave, que é a proposta política. Esta é a que se vota (si, non ou en branco) e na que se contempla a fin de ETA. A proposta da dirección é a desaparición da organización. Desbótase, pois, a súa transformación nalgún outro tipo de suxeito desde o que participar no proceso aberto a partir do cesar o fogo. Únicamente ficarán algunhas de carácter técnico (por exemplo, impedir eventuais “utilizacións mal intencionadas das siglas de ETA”), que en boa medida xa se encarrilaron nestes meses. Mais ETA xa non existirá.

“Non se opta entre Organización e precipicio”, afirman. "Hai moito xa que o proxecto da Organización non é só de ETA. Ademais, o movemento político que denominamos esquerda abertzale mostrou suficiente madurez e capacidade de loita, resulta moito máis eficaz para materializar o reto ao que nos enfrontamos”

Comentarios