xoves 24/09/20

Un estudo proba a eficacia de pintar ollos nas coxas das vacas para escorrentar os leóns

Especialmente nos países do sur de África, as vacas conviven con carnívoros salvaxes que provocan perdas económicas vitais.
Dúas vacas con debuxos de ollos pintados nas patas traseiras (Bobby-Jo Photography / Facebook)
Dúas vacas con debuxos de ollos pintados nas patas traseiras (Bobby-Jo Photography / Facebook)

Segundo un recente estudo publicado na revista Nature, os debuxos de ollos no gando reduce a actividade dos depredadores. Especialmente nos países do sur de África, as vacas conviven con carnívoros salvaxes como leóns, que producen perdas vitais en comunidades que dependen delas para a súa subsistencia.

A investigación explica que as marcas de ollos como medida disuasoria para depredadores son comúns en numerosos animais, por exemplo as bolboretas que as levan nas ás, mais tamén peixes e moluscos ou anfibios e aves teñen mecanismos similares.

O estudo probou que, exposto ao mesmo risco de ser atacado, o gando pintado con debuxos de ollos sobreviviu nunha porcentaxe significativamente maior ao que non o estaba

comentarios