Estados Unidos e Reino Unido volven bombardear o Iemen

Atacaron 13 zonas do país. É a terceira vaga de bombardeos destes dous estados nas últimas semanas sobre esta zona.

estados unidos iemen avión
photo_camera Avións nun portavións norteamericano antes do inicio do ataque (Foto: @CENTCOM)

Estados Unidos e Reino Unido levaron a cabo ataques na noite do sábado ao domingo contra 36 obxectivos vinculados cos hutís en 13 zonas de Iemen, alcanzando instalacións de almacenamento de armas e sistemas de mísiles, entre outros, segundo un comunicado conxunto.

Reino Unido confirmou a súa participación nesta vaga de "ataques proporcionados e dirixidos" contra militantes hutís vinculados a Irán en Iemen. Pola súa parte, o secretario de Defensa estadounidense, Lloyd Austin, informou que a ofensiva tamén contou co apoio de Australia, Bahréin, Canadá, Dinamarca, Países Baixos e Nova Zelandia.

"Esta acción colectiva envía unha mensaxe clara aos hutís de que seguirán soportando máis consecuencias se non poñen fin aos seus ataques ilegais contra o transporte marítimo e os buques de guerra internacionais", dixo Austin nun comunicado.

Estes bombardeos prodúcense despois de que o Comando Central de Estados Unidos (Centcom) anunciase que efectuara ataques este mesmo sábado contra seis mísiles de cruceiro antibuque "preparados para ser lanzados ao mar Vermello.

Os bombardeos estadounidenses e británicos contra obxectivos hutís en Iemen iniciáronse polos ataques que ese grupo rebelde, realizaron desde o 19 de novembro no mar Vermello, por onde transita preto do 15 % do comercio marítimo mundial.

Os rebeldes hutís de Iemen, ameazaron esta ruta chave tras o inicio da ofensiva Israel en Gaza, en apoio ao pobo palestina e para pedir a fin do ataque do exército israelí, e afirmaron que só teñen como obxectivo os barcos que se dirixen a Israel.

Os hutís son un movemento político-militar formado na década de 1990 no norte de Iemen.Despois de anos de enfrontamentos, o grupo tomou o control de Saná, a capital do país.

Comentarios