O españolismo fracasa na súa manifestación de Barcelona

A marcha convocada na capital de Catalunya por Sociedad Civil Catalana non cumpre coas expectativas.

Barcelona mani
photo_camera Núñez Feixoo e Díaz Ayuso con outros membros da dirección do PP na marcha de Barcelona. (Foto: Nós Diario).

A manifestación convocada en Barcelona por Sociedad Civil Catalana e apoiada polo PP e Vox ficou lonxe dos seus obxectivos. Malia a chegada masiva a capital catalá de militantes destas formacións procedentes de todo o Estado, o acto só congregou varios miles de persoas.

Os principais dirixentes da dereita española coincidiron nas rúas de Barcelona para denunciar as posíbeis cesións de Pedro Sánchez ao nacionalismo. A delegación do Partido Popular estaba encabezada por Alberto Núñez Feixoo pero a grande estrela da marcha foi a presidenta madrileña Isabel Díaz Ayuso.

Díaz Ayuso eclipsou a figura de Feixoo. Tanto é así, que mentres o presidente do PP atendía os medios de comunicación, ela dábase un baño de masas entre berros de "presidenta" e "guapa", facéndose fotos cos seus seguidores.  

Feixoo

Feixoo sinalou que “Catalunya non é un negocio porque a inmensa maioría de españois non aceptamos este tipo de transaccións”. Nesta liña, continuou que “estamos en Barcelona para manifestar o noso compromiso inequívoco cunha sociedade de cidadáns libres e iguais”.

A presenza das principais referencias públicas de Vox foi, tamén, importante. Neste caso, o seu presidente Santiago Abascal, asegurou que “pararemos o golpe” en referencia a amnistía.

Abascal avanzou que “en 2017 nas rúas, como en Barcelona, e nos tribunais paramos o golpe de Estado perpetrado pola Generalitat golpista de Catalunya, e nesta ocasión pararemos nos tribunais e nas rúas, que ninguén teña ningunha dúbida, a amnistía”.

A manifestación foi fechada pola intervencións da xurista Teresa Freixa, o ex alcalde da Coruña, Francisco Vázquez e pola presidenta de Sociedad Civil Catalana, Elda Mata.

Freixas aseverou que “unha lei de amnistía é unha burla ao Estado de dereito, ás sentenzas xudiciais e ao imperio da lei”. Ao tempo, rexeitou que unha "parte de España decida sobre o futuro da nación".

Vázquez

Vázquez, que se dirixiu aos presentes cun texto da constitución de 1978 na man, asegurou que “non hai mellor cidade para defender España que Barcelona". Asemade, engadiu que  “ninguén está por encima da constitución, e só a soberanía nacional, a de todos os españois, pódea modificar”.

Mata cualificou a amnistía de "aberración inconstitucional" e culpou a PSOE e Sumar de apoiala “a cambio de favores políticos”. Nesta liña, afirmou que espera que “non se siga adiante

Comentarios