Barómetro do CEO

ERC gañaría as eleccións catalás e o independentismo superaría 50% dos votos

Os republicanos obterían 38-39 representantes, JxCat ficaría segundo con 29-31 e a CUP medraría até 9-10. O movemento independentista sumaría así entre 76 a 80 cadeiras - agora conta con 70 - ademais de obter 51, 7% dos votos.

parlament catalunya @govern
photo_camera Parlament

ERC gañaría nunhas eventuais eleccións parlamentarias en Catalunya de se realizar estas agora. Así o indica o terceiro barómetro do Centre d'Estudis d'Opinió (CEO) (CEO), publicado esta sexta feira, que di que a formación republicana obtería 38-39 cadeiras na Cámara. En segundo lugar, JxCat atinxiría 29-31 representantes e, dado que a CUP subiría até 9-10, o movemento independentista sumaría 76 a 80 escanos - agora conta con 70 - ademais de obter 51 , 7% dos votos. O PSC subiría a 24-25, Ciudadanos caerían a 14-16, os comúns obterían 11-13, PP ficaría en 4-5 e Vox podería irromper no Parlament con 2 deputados.

Este é o primeiro barómetro que se realiza após a sentenza do 1-O e as eleccións expañolas do pasado 10-N xa que as enquisas foron realizadas entre o 14 de novembro e o 5 de decembro. Polo tanto, non recolle o impacto do veredicto do Tribunal Europeo de Xustiza sobre Oriol Junqueras nin a inhabilitación de Quim Torra -que de feito podería precipitar novas eleccións-.

Comentarios