As sondaxes colocan aos socialistas ás portas da maioría absoluta

As enquisas a pé de urna danlle vitoria ao PS en Portugal

As primeiras enquisas a pe de urna dan a vitoria aos socialistas en Portugal. Os socialistas aparecen como primeira forza en todas as sondaxes, seguidos do Partido Social Demócrata. A extrema dereita de Chega convértese na terceira forza da nación, superando ao Bloco de Esquerdas e a CDU.

 

EuropaPress_4038268_primer_ministro_portugues_antonio_costa
photo_camera As sondaxes colocan a Antonio Costa como candidato máis votado e moi próximo a 118 escanos da maioría absoluta. (Foto: Europa Press)

Antonio Costa aparece como candidato con máis posibilidades de repetir como primeiro ministro. O Partido Socialista aparece como a forza máis votada en todas as mostras cunha estimación entre 37% e 42% do voto.

Rui Rio fixo da campaña electoral unha remontada. O candidato cuestionado desde as propias filas por buscar acordos co Goberno como xefe da oposición logrou acurtar as distancias ao longo deste proceso e situou ao dereitista Partido Social Demócrata (PSD) na franxa entre 30% e 35% dos sufraxios

As lexislativos deste domingo confirman o ascenso da extrema dereita adiantado por todas as sondaxes na campaña. A formación irmá de Vox convértese na terceira forza do lexislativo a falla de confirmar o seu papel no futuro. As estimacións demoscópicas de hoxe outorgan a Chega entre 5% e 8% dos votos.

Iniciativa Liberal, unha formación de dereitas, é outra das sorpresas da xornada. A formación pasa por diante de BE e CDU e aparece cunha estimación entre 4,7% e 7,7%.

As forzas da esquerda son as grandes derrotadas da campaña. O Bloco de Esquerda (BE) que partía como terceira forza non só se viu superada pola extrema dereita senón que minguou a súa porcentaxe de voto até practicamente a metade, colocándose entre 3% e 7%

A Coalición Democrática Unitaria (CDU), a fórmula electoral promovida polo Partido Comunista Portugués non aguantou mellor o embate. A formación dirixida por Jerónimo de Sousa sitúano entre 3% e 6%.

Comentarios